jueves, 31 de mayo de 2012

Adiviñanzas de froitas!

E aquí temos unhas cantas adiviñanzas. A ver se acertades!!!

Macedonia de froitas da primavera!

Cando a calor aperta, non hai nada mellor que unha boa peza de froita fresca. E se temos un pouco de todo, mellor! Aquí tedes as fotos do ben que pasamos e como comemos froita! Que boa estaba!
 

lunes, 21 de mayo de 2012

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

Neste Obradoiro fíxemos actividades de cooperación e igualdade entre homes e mulleres, todos debemos axudar nas tarefas do fogar e tamén podemos facer os mesmos traballos axudando e respetando aos demáis. Velaquí tedes unhas mostras do que traballamos.....

lunes, 7 de mayo de 2012

Mirade que bonito!

No cole estamos a facer co correo escolar un intercambio de regalos cos nenos de 5 anos do CEIP Carballal para coñecelos mellor e aprender a compartir. Mirar que colgantes tan bonitos nos regalaron! Moitas grazas a Paula, Dani, Miguel, Fátima, Pepe, Diego, Nico, Iago, Serxio, Alex, Ainhoa, Gerardo e Nati! Gustáronnos moito os colgantes!