viernes, 27 de abril de 2012

Excursión aos Bombeiros!

Hola a todos! Sabedes que? Fomos de excursión aos bombeiros! E pasámolo xenial! Ensináronnos moitas cousas e aprendimos un montón sobre eles. Teñen varios camións que usan dependendo da emerxencia, e neles levan moitas ferramentas como unha tesoira xigante, unha motoserra, bombonas de osíxeno e extintores, unha grúa... Se ata nos deixaron subir a un camión!!! Tamén nos ensinaron o ximnasio que usan para estar en forma coas pesas, colchóns, cordas, parede para escalar e moito máis. Mirade as fotos!!!

lunes, 23 de abril de 2012

Día do Libro

Hoxe foi o Día do Libro e pasámolo pipa contando e escoitando contos. E logo tivemos un agasallo, un marcapáxinas! Feliz Día do Libro a todos!

viernes, 20 de abril de 2012

Felicidades Anxo!

Hoxe é o aniversario de Anxo Fernández, xa van 5 anos!!! E que sexan moitos máis!! Cumple de Anxo F on PhotoPeach

martes, 17 de abril de 2012

Chú chú...

Hola! Estamos a traballar co proxecto do TREN. Hoxe a profe Rosa compartiu con nós cousas moi chulas sobre o tren: billetes antigos, unha bandeirola de saída, unha lanterna, o gorro e a chaqueta do xefe de estación, un asubío... para poder coñecer mellor como é traballar nunha estación. Aquí temos as fotos para que vexades que ben o pasamos! Grazas profe Rosa!!!

jueves, 12 de abril de 2012

Viaxamos polo espazooooooooo

Que ben o pasamos viaxando polo espazo, coñecendo moitas cousas sobre constelacións, naves espaciais, astronautas,os planetas.... aq1uí vos deixamos unha proba. Esperamos que vos guste!!