viernes, 21 de diciembre de 2012

Cesta do outono

Os nenos e nenas do Paraixal estiveron a traballar o outono. Mirade que ben o pasaron pintando os froitos! cesta do outono on PhotoPeach

martes, 5 de junio de 2012

Unha estación de cores

A primavera, para moitos a estación máis bonita do ano polas flores, abellas, o tempo, as cores... Mirade canto traballamos e aprendemos sobre a primavera!!!

jueves, 31 de mayo de 2012

Adiviñanzas de froitas!

E aquí temos unhas cantas adiviñanzas. A ver se acertades!!!

Macedonia de froitas da primavera!

Cando a calor aperta, non hai nada mellor que unha boa peza de froita fresca. E se temos un pouco de todo, mellor! Aquí tedes as fotos do ben que pasamos e como comemos froita! Que boa estaba!
 

lunes, 21 de mayo de 2012

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

Neste Obradoiro fíxemos actividades de cooperación e igualdade entre homes e mulleres, todos debemos axudar nas tarefas do fogar e tamén podemos facer os mesmos traballos axudando e respetando aos demáis. Velaquí tedes unhas mostras do que traballamos.....

lunes, 7 de mayo de 2012

Mirade que bonito!

No cole estamos a facer co correo escolar un intercambio de regalos cos nenos de 5 anos do CEIP Carballal para coñecelos mellor e aprender a compartir. Mirar que colgantes tan bonitos nos regalaron! Moitas grazas a Paula, Dani, Miguel, Fátima, Pepe, Diego, Nico, Iago, Serxio, Alex, Ainhoa, Gerardo e Nati! Gustáronnos moito os colgantes!

viernes, 27 de abril de 2012

Excursión aos Bombeiros!

Hola a todos! Sabedes que? Fomos de excursión aos bombeiros! E pasámolo xenial! Ensináronnos moitas cousas e aprendimos un montón sobre eles. Teñen varios camións que usan dependendo da emerxencia, e neles levan moitas ferramentas como unha tesoira xigante, unha motoserra, bombonas de osíxeno e extintores, unha grúa... Se ata nos deixaron subir a un camión!!! Tamén nos ensinaron o ximnasio que usan para estar en forma coas pesas, colchóns, cordas, parede para escalar e moito máis. Mirade as fotos!!!

lunes, 23 de abril de 2012

Día do Libro

Hoxe foi o Día do Libro e pasámolo pipa contando e escoitando contos. E logo tivemos un agasallo, un marcapáxinas! Feliz Día do Libro a todos!

viernes, 20 de abril de 2012

Felicidades Anxo!

Hoxe é o aniversario de Anxo Fernández, xa van 5 anos!!! E que sexan moitos máis!! Cumple de Anxo F on PhotoPeach

martes, 17 de abril de 2012

Chú chú...

Hola! Estamos a traballar co proxecto do TREN. Hoxe a profe Rosa compartiu con nós cousas moi chulas sobre o tren: billetes antigos, unha bandeirola de saída, unha lanterna, o gorro e a chaqueta do xefe de estación, un asubío... para poder coñecer mellor como é traballar nunha estación. Aquí temos as fotos para que vexades que ben o pasamos! Grazas profe Rosa!!!

jueves, 12 de abril de 2012

Viaxamos polo espazooooooooo

Que ben o pasamos viaxando polo espazo, coñecendo moitas cousas sobre constelacións, naves espaciais, astronautas,os planetas.... aq1uí vos deixamos unha proba. Esperamos que vos guste!!

martes, 20 de marzo de 2012

Benvida Primavera!

Xa chegou a Primavera, e para festexalo os nosos compañeiros/as de 3º e a profe Esther regaláronnos unha plantiña que debemos coidar esta semana. Logo plantarana no cole para que creza e teña moitas flores.
Benvida Primavera!

Benvida Primavera on PhotoPeach

viernes, 9 de marzo de 2012

Proxecto dos indios

Jau!!!! A tribu de Infantil salúdavos!!!!


Aprendimos moitas cousas sobre os indios: como viven, como visten, que comen, cales son as súas costumes, falamos en linguaxe indio, constreuímos un tipi e un totem para protexer o noso poblado ... e para rematar disfrazámonos de indios no Entroido. Aquí vos deixamos unha pequena mostra....

Carnaval de infantil on PhotoPeach

martes, 6 de marzo de 2012

Proyecto del Chocolate!!!

Hola familia! Los niños/as de 3 años trabajaron en un proyecto sobre el chocolate, les encantó! Y además aprendieron un montón.
Os queremos enseñar algunas fotos para veáis qué guay lo pasaron...
Una de las actividades consistía en hacer canapés de chocolate. Estaban buenísimos! Nos chupamos los dedos, literalmente!




También hicimos un mini cuento bastante conocido, Hansel y Gretel, pues la casita de chocolate no podía faltar en nuestro proyecto. Esperamos que os guste!


Y para terminar, unas cuantas fotos mientras hacíamos la casita, qué pipa lo pasamos!

Pintando on PhotoPeach

martes, 14 de febrero de 2012

lunes, 30 de enero de 2012

DÍA DA PAZ!!!

Que día tan bonito, o día da Paz. Qué importante é ter amigos, compartir, respetar ós demais... Aprendemos a construir un mundo mellor!
DÍA DA PAZ on PhotoPeach

viernes, 27 de enero de 2012

NOVO BLOG DE INFANTIL DE PARAIXAL!!!!!!!!!!!

Somos as mestras de Educación Infantil do CEIP Paraixal, Cristina e Andreína. Presentámosvos este blog para que vexades as distintas actividades que realizan os vosos fillos/as, e esperamos que vos gusten tanto como a nós. Un saúdo!!!

miércoles, 18 de enero de 2012